Skip to main content

ACTUACIÓN DEL CORO DEL I.E.S. A XUNQUEIRA I

Fecha: 01-04-2016
El día 1 de abril, a las 20,30 horas, en el Salón Noble. O Coro do I.E.S. A Xunqueira I de Pontevedra está formado por corenta rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os doce e os vinte anos, todos eles alumnos deste centro de ensino secundario, que sacrifican os seus recreos e algunhas tardes para gozar do canto coral.

Nesta agrupación tamén participa profesorado e antiguo alumnado. O repertorio que adoita interpretar responde ó seu espírito novo e a súa estreita colaboración nos actos académicos da comunidade educativa.
Ademais este coro está ligado á vida musical de Pontevedra coa súa participación en certames corais como o Festival de Corais da Deputación de Pontevedra, o Festival de Corais Xuvenis de Meis, a Semana da Música do I.E.S. A Xunqueira II, o Concerto 150 Aniversario do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

Xa son dez anos de música nos que, baixo a dirección de María Luis Sánchez e coa colaboración da Banda Musical do Instituto dirixida por Miguel Angel Rodríguez, gravaron dous discos: Rock no ensino público e Nenos no Jazz.

Descarga: pdfp1af0p1d3thfttc41lafvjeukla.doc