Laboratorio Creativo en el Liceo
Patrocinado por R el día 24 de septiembre en horario de 11:00 a 13:00 horas se desarrollarán unos talleres impartidos por Libolis.
TALLERES
Contos que cobran vida (7-8 anos)
A través da creación de tinta condutiva os nenos e nenas aprenderán a integrar conceptos de electrónica a partir de pilas, condutores e leds. Unha vez que coñezan como funciona crearán un conto ao que lle engadirán diferentes leds á súa historia.
Sala de operacións (9-10 anos)
Aprenderán conceptos básicos sobre condutividade, sinais dixitais así como o concepto dun curtocircuíto dunha maneira educativa e divertida a través da creación dun “xogo de operacións” que terán que deseñar e programar ao seu gusto. Todo iso a través da placa microbit e diferentes elementos electrónicos
Sistema de rega intelixente (11-12 anos)
Aprenderán a deseñar un sistema automatizado que detecta o nivel de humidade e temperatura das plantas para saber cando se deben regar. Construirán o sistema baseándose en sensores de humidade, un sensor térmico integrado e unha placa controladora. Ademais crearán un sistema que sirva para comprender os datos obtidos dunha forma visual e amigable.
LUGAR: Salón Noble del Liceo Casino de Pontevedra Rúa Manuel Quiroga, 21
INSCRICIÓNS: https://blog.mundo-r.com/gl/quecheparece/talleres-crea-r
ASISTENCIA: presencial