Encuentro de Corales junio 2024

  • 13 de Junio de 2024
  • Noticias

Encuentro de Corales junio 2024

El sábado, 22  de junio a las 19:00 se celebrará un Encuentro de Corales en la que participarán la Coral Mª Auxiliadora de Vigo, la Coral Fonte do Souto de Culleredo y la Coral Polifónica de Pontevedra.
El acto se celebrará Salón Noble. La entrada será libre y el aforo limitado.

 

 

PROGRAMA

CORAL MARÍA AUXILIADORA DE VIGO

ROMANCE.......................................... Popular, arm. Anselmo Iglesias

QUEN TEN AMORES.............................. Popular, Rogelio Groba

A VIRXEN DO PORTOBELLO................... Manuel de Dios

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES........................ Rosalía de Castro, A. Jaunsarás

O CARRO............................................ Manuel María, arm. Ángel Viro

QUIEREME MUCHO............................... Gonzalo Roig.

Director: Alberto Abal García

CORAL FONTE DO SOUTO DE CULLEREDO

LA REINA DEL PLACER........................ R. Alain Langree VOLVER            Edelmiro L. Mateo Garcia

ESTA TIERRA...................................... Javier Busto

CANTIGA DE CORME............................ Letra y música Jesús Méndez Torrado

OS CESTEIROS DE MONDARIZ................... Letra Xoán Pérez. Música Xosé L. Reza

Arm. Angel Viró Caamaño

Adapt. Coral Víctor Fernández Nogueira FOLIADA DA ESTRELA DA GUIA         Paulo Nogueira. Treixadura

Director: Luciano Lago Padín

 

CORAL POLIFONICA DE PONTEVEDRA

OS TEUS OLLOS................................... Curros Enríquez / José Castro Chané 1856-1917

TRES CANTIGAS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Texto Popular / Arm. José Verea 1934-2017

COITA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Antón García Abril / Arm. José Verea 1934-2017 ADIOS RIOS, ADIOS FONTES........................................................ Rosalía de Castro / Ángel Peinado 1935-2009

PRENDE SALGUEIRIÑO . . . . . . . . . . . . . . . Texto popular / Arm. Emilio Lede 1974 SI VAS A SAN BENITIÑO........................................................ Antonio Blanco Porto 1890-1940

Directora: Nanette Sánchez Ordaz

Solistas: Pilar Baamonde Lusquiños. Soprano

Pilar García Pinal. Soprano

Juan José López Peña. Barítono

 

 

SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA

O día 9 de abril do ano 1925 a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra actuou publicamente por primeira vez na Igrexa conventual de San Francisco, con ocasión da festividade do Xoves Santo. Fora fundada por un grupo de relevantes personalidades galegas, entre as cales se atopaban Antón Losada Dieguez, Alfonso Rodríguez Castelao, Antonio Blanco Porto e Antonio Iglesias Vilarelle, e mais adiante, Alexandre Bóveda.

Desde aquela data xa van mais de 700 concertos, moitos deles máis alá das nosas fronteiras, destacando entre outros os ofrecidos no Teatro Nacional de Lisboa en 1934, no Teatro Colón de Bos Aires e no Teatro Solís de Montevideo, no ano 1979. Asemesmo, os Concertos realizados na Illa de Tenerife, do 1 ó 6 de xullo de 1985. En 2018, no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, co gallo da Exposición “Castelao Maxistral” e en decembro de 2019 participou, na illa de Madeira, no XXII Festival de “Natal no Funchal”. En 2023, interpretou, en Pontevedra e en Santiago, a versión coral das Cantigas de Amigo de Martín Códax, no ano dedicado ao trobador galego pola Real Academia de Belas Artes de Galicia.

Dedicouse desde a súa fundación a interpretar música medieval, polifonía dos séculos XVI e XVII, maiormente sacra e madrigais, e música popular harmonizada, especialmente galega.

Ao longo destes mais de case cen anos de existencia, a Coral fora dirixida por Antonio Blanco Porto y Antonio IglesiasVilarelle, entre outros. De xeito excepcional, no ano 1951, foi dirixida por Leopoldo Stokowski, na Catedral de Santiago de Compostela nun concerto adicado integramente a obras de Tomás Luis de Victoria.

Entre outros moitos agasallos que recibiu, merecen especial mención a Primeira Medalla de Prata da Cidade de Pontevedra, o Premio Cidade de Pontevedra do ano 2000, a distinción recibida en 1975 pola Asociación de “Amigos de Pontevedra”, a Medalla de Plata do Ateneo “Santa Cecilia” de Marín e a Medalla de Plata das Rutas Ciclo turísticas do Románico.

Na actualidade a Coral está dirixida por Nanette Sánchez Ordaz, licenciada en Música, na especialidade de Dirección Coral, polo Instituto Superior de Arte da Habana, Cuba. Tamén é profesora de Coros e Educación Auditiva e Vogal no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra.

No vindeiro ano 2025 esta Coral Polifónica de Pontevedra conmemorará o seu Centenario.


CORAL Mª AUXILIADORA

A Coral Mª Auxiliadora debe o seu nome a que no 1973, un grupo de alumnos, pais e antigos alumnos Salesianos decidiron, co fin de solemnizar misas na parroquia, Festividade de D. Bosco e na novena a Mª Auxiliadora, formar esta Coral. Dende entón o número de componentes foi crecendo, ao mesmo tempo que o seu repertorio. Comezaron a participar en concertos, fora da parroquia, ademais de concursos e certámenes, nos que acadaron importantes premios. Tamén participou en varios programas de Televisión de Galicia, concertos en tódala geografía galega, Asturias e norte-centro de Portugal.

O seu director é don Alberto Abal García.

 

CORAL FONTE DO SOUTO DE CULLEREDO

No ano 1993 un grupo de amigos decidiron xuntarse para cantar e así darlle solemnidade ás festas parroquiais. Pero non se conformaron só con iso e empezaron a interpretar toda clase de música (habaneiras, polifonía clásica, música tradicional, zarzuela), primeiro actuando só en Galicia pero cada ano que pasaba un pouco máis lonxe: Portugal, Valladolid, Asturias, Lloret de Mar, Benidorm, etc. Destaca a“Gran actuación en Roma” misa cantada na Basílica de San Pedro, na cidade do Vaticano, con un éxito absoluto. No abril do ano seguinte participaron no Festival Internacional de Praga, donde actuaban tamén coros de outros países como: Alemania, Holanda, Lituania, etc.

No ano pasado estiveron no «I Concerto de corales en alta mar,» unha experiencia inolvidable.

Foille concedido o galardón de bronce que otorga a Comisión Promotora Fogatas de San Xoán 2017.

Realiza dúas actuacións no concello: en abril no seu aniversario e en novembro co Festival de Outono.

Pertence á Federación Coral Galega FE.CO.GA

Na actualidade está composta por 39 voces mixtas e dirixida por don Luciano Lago Padín.

Copyright ©2026 Liceo Casino de Pontevedra


main version